Ángel's profileHoy es siempre... todaví...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    August 21

    Curiosas coincidencias

    "Na Alameda fixéronse unha foto,
    unha desas que vai enmarcada nun corazón.
    O fotógrafo tiña un cubo de auga,
    onde bañaba as fotos" 
    (M. Rivas, O lapis do carpinteiro).
    August 16

    Seguiremos luchando

    No os quepa duda,
    seguiremos luchando
    por nuestra tierra verde
    y nuestro mar azul.
    No os quepa duda.
     
     
    Al grupo Gamelas. Graciñas.
    August 03

    PAÍS

    Nalgún lugar do verán, cando as ondas do mar arrolan as almas, ela camiñaba. Había un sol que se ocultaba, un paraíso na memoria, cristais, lúa, sirenitas. El, como sempre; de bar en bar. Pero era un tipo con orgullo. Porque había cinco mariñeiros do Francisco Catalina que amosaban os seus corazóns: bos e generosos. Sentía orgullo e tamén camiñaba, entre os bares, brindando por eles. Levantando o peito, os ollos, e dando as grazas por ser quen era: galego. Outro galego ganara a gloria a golpe de pedal en medio de Francia, Alpes por Alpes. Chamábase Óscar, como o de Hollywood. Había tamén escritores traducidos a lenguas estranxeiras, e modistos que fixeron da moda un símbolo, e armadores que construían os mellores barcos do mundo. Había tipos que se levantaban co sol para facer pan, as bicas que eran bicos, ladrillos, papeis. Ouros facían viño que era diamante. Outros amosaban Zara, La Voz, Coren, Caixa Galicia, Caixanova, Pescanova, Rodman…a Sus Majestades. E el sacaba peito. El era galego. Por tal motivo ría cando os outros pretendían confundilo: algús dicían que os galegos eran entregados, resignados, emigrados. Este país non se entregou nunca: porque permanece a pesar de tantos anos de adversidade. Non se resignou: porque agora gana. Non emigrou para sempre: porque, sempre tamén, regresa. Ela, mentres camiñaba, sentía o orgullo que el sentía. Ela era el. Non tiña máis palabras (porque as palabras sobran). El era ela. Pensando nos seus ollos camiñou a unha praia na que o sol se ocultaba. Sentou. Mirou o memo sol que ela miraba. E aí, ao lonxe, os dous pousaron un brazo sobre as ondas do mar. O mar que bicaban os cinco mariñeiros, Óscar, escritores, empresarios, obreiros, armadores, modistos. Era o seu país. Tan lindo. Tan grande… por fin.

     

    (Xosé Carlos Caneiro, La Voz de Galicia, 27 de julio de 2006)

     

     

    (La Voz de Galicia, 27 de julio de 2006)